Xornadas Rede Eusumo en Servicios Sociais . Mes de Xullo

Dende a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar seguimos apostando polo fomento do cooperativismo a través da Rede Eusumo, programa cofinanciado polo Fondo Social Europeo. En consonancia temos programado no mes de xullo a celebración de distintas accións que se enmarcan dentro das actividades organizadas pola Rede Eusumo no seu plan de actuación 2015.

Coa idea de dar a coñecer a fórmula empresarial cooperativa como unha boa opción de emprendemento entre axentes intermedios de servizos sociais e persoas que buscan sacar adiante proxectos de iniciativa social, organízase o obradoiro “A fórmula cooperativa nos servizos sociais”. Un obradoiro destinado a amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como un modelo empresarial idóneo para impulsar proxectos de iniciativa social.

Este obradoior realizarase nos seguintes lugares nas datas correspondentes:

VIGO: día 28 de xullo, na Cámara de Comercio de Vigo, en horario de 10:00h a 13:00h.

SANTIAGO DE COMPOSTELA: día 29 de xullo, no edificio Cersia no Concello de Santiago de Compostela, en horario de 10:00h a 13:00h.

PONTEVEDRA: día 29 de xullo nas instalacións da Asociación de Promoción de Autoemprego de Pontevedra (Aproa) (Rúa tablada nº 6 – Pontevedra) , en horario de tarde 19:00 h a 21:30h.

NIGRÁN: o día 30 de xullo, no Concello de Nigrán, no centro antena (Rúa Otero Pedrayo, nº 52.) , en horario de 10:00h a 13:00h.

Para inscribirse só é necesario facilitar o nome, DNI, teléfono e correo electrónico no teléfono 981 55 80 08 ou no correo electrónico info@eusumo.coop

Para máis información:
Tlf: 981 55 80 08
info@eusumo.coop

Venres, 24 July, 2015 - 09:45

Compartir