A Xunta pon en valor o impacto da economía social e das cooperativas agroalimentarias na revitalización do rural galego

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta tarde no encontro Diálogos inspiradores: Universidade e Economía Social, un encontro polo Laboratorio de Innovación e economía social de Galicia no marco das actividades da Rede Eusumo co obxectivo de analizar os retos e oportunidades do cooperativismo no sector agroalimentario.

Pablo Fernández puxo en valor que a Xunta busca contribuír ao impulso destas fórmulas de negocio, incrementando  a súa competitividade e mantendo empregos inclusivos e de calidade, vencellados ao territorio e favorecendo un crecemento sustentable a nivel económico, ambiental e social. Neste senso, destacou o papel das cooperativas agroalimentarias na revitalización do rural galego e salientou liñas de axudas como o Bono consolida social, dotado en 2025 con 2,73 millóns de euros para apoiar a consolidación destas entidades ou o propio labor de asesoramento e acompañamento que se realiza a través da Rede Eusumo, proporcionando apoio técnico personalizado para deseñar, desenvolver e consolidar proxectos desta índole.

 

Fonte: Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Xoves, 21 November, 2024 - 10:45

Compartir