Asociacionismo e cooperativismo

O Concello da Veiga organiza o curso formativo "Asociacionismo e cooperativismo" no marco da Rede Eusumo.

Esta actividade ten como obxectivo promocionar e impulsar o cooperativismo na Veiga. Levarase a cabo os días 26, 27, 28 e 30 de outubro en modalidade presencial na Aula Centro de Desenvolvemento Rural (A Veiga, Ourense). O horario será de 16:00 h a 21:00 h.

A planificación dos módulos será a seguinte:

1. Principios cooperativos na cooperativa. Constitución e funcionamento - 4h

2. Vantaxes do cooperativismo - 3h

3. Axudas e actividades de investimentos de cooperación - 5h

4. Análises de mercado, posicionamentos e extratexías de ventas - 4h

5. Análises de riscos no cooperativismo - 4h

As inscricións estarán abertas ata o 25 de outubro e poderán facerse a través de centropicolaprada@gmail.com ou 603 71 96 73.

 

Descarga o cartel

 

 

Xoves, 26 October, 2023 - 16:00 to Luns, 30 October, 2023 - 21:00

Compartir