Axudas programa de posta a punto para o emprego para persoas perceptoras da Risga - PECHADO O PRAZO

Obxecto: subvencionar a entidades sen ánimo de lucro para a realización dun programa de posta a punto para o emprego, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social dotándoas das motivacións, habilidades, competencias e capacidades que require o tecido empresarial, de xeito que a través da inserción laboral se poida reverter a súa situación de exclusión social.

Poderán ser entidades beneficiarias as entidades sen ánimo de lucro que cumpran as seguintes condicións:

  • Ter recollido como finalidade nos seus estatutos a inserción ou inclusión sociolaboral de colectivos en situación ou risco de exclusión social, ou estar de alta na área de inclusión do Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
  • Ter desenvolvido, como mínimo durante tres anos, programas dirixidos especificamente á inclusión sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión.
  • Estar ao día no cumprimento das súas obrigas rexistrais.

Gastos subvencionables:

- os gastos de persoal, incluídas as axudas de custo e de desprazamento, referidos ás persoas integrantes do equipo técnico do programa, na porcentaxe correspondente á súa imputación a este;

- os custos da formación específica adaptada ás persoas participantes;

- os gastos de materiais e equipamento necesarios para a execución das actividades;

- as bolsas para axudas de custo e desprazamento das persoas participantes;

- o custo do informe sobre a conta xustificativa elaborado por un auditor de contas, detallando unha relación verificada dos gastos realizados e a súa imputación ao programa;

- os gastos administrativos e de xestión asociados á execución do programa.

Prazo de presentación de solicitudesdous meses desde o día seguinte ao da publicación da Orde no DOG (Amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o día 22 de maio de 2020, nos termos previstos nesta Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 6 de maio de 2020).

Para consultar a orde, preme aquí.

Se queres consultar o folleto da axuda preme aquí.

 

Venres, 24 January, 2020 - 09:00

Compartir