|
Boletín Rede Eusumo Nº 188 6 / 10 / 2022
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Publicouse no DOG a nova convocatoria de Xempre Emprendemento co obxecto de financiar investimentos realizados durante o 2022
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade abriu a convocatoria da axuda Xempre Emprendemento mediante a que pemes, persoas traballadoras autónomas e sociedades cooperativas e laborais poderán financiar os seus investimentos realizados dende o 1 de xaneiro de 2022 ata a data da solicitude.
O prazo para solicitala remata o 4 de novembro de 2022.
Podes consultar a orde no DOG núm. 187.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Publicado o informe de actividades da Rede Eusumo do 1º semestre do 2022
Este informe recolle información referente ao acontecido e aos resultados acadados no primeiro semestre do 2022 na Rede Eusumo.
Entre outros, neste período, destacan no ámbito galego da economía social o Programa Medrando Xuntas, o día do cooperativismo e a designación de Santiago de Compostela como capital da economía social para este ano 2022.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Coñece como transformar as entidades máis mercantilistas en entidades de economía social
O obxectivo desta formación é apoiar a transformación das entidades con valores que encaixen cos da economía social, impulsando o coñecemento deste tipo de entidades e os apoios que teñen dispoñibles.
Datas: 10, 11 e 13 de outubro de 2022
Modalidade: en liña e presencial
Duración: 9 horas
Horario: de 16:00 h a 19:00 h
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Descubre as novas estratexias en redes sociais 2022/2023. Os tempos cambian!
Mediante esta formación as persoas asistentes poderán ter unha visión actualizada da panorámica das redes sociais en España e as tendencias que seguirán de cara ao futuro.
Datas: do 17 ao 21 de outubro de 2022
Modalidade: presencial
Duración: 15 horas
Horario: de 10:00 h a 13:00 h
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Súmate ao Hackathon de Economía Social!
Crearase un espazo onde as persoas participantes traballen conxuntamente para identificar solucións aos retos presentados. Os asistentes tamén obterán ferramentas, recursos e habilidades para emprender en empresas de economía social.
Número de prazas limitado a 25 persoas.
Data: 21 de outubro de 2022
Modalidade: presencial
Horario: de 11:00 h a 13:45 h e de 16:00 h a 19:30 h
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|