LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 100  14 / 01 / 2021
 
   

Buscas unha oportunidade de negocio no ámbito da economía social?

Consulta o informe de "Oportunidades sectoriais para entidades de economía social", no que se analizan diversos ámbitos idóneos para o desenvolvemento das entidades de economía social galegas.  

Se a túa idea de negocio encaixa nalgunha das oportunidades sectoriais que se propoñen, quizais sexa o momento de empezar a poñela en práctica e emprender. 

Ver máis

       
   

O mundo rural é o futuro!

Entrevistamos a Dolores Calvo, presidenta da Asociación Galega de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias "Nós, as mulleres", que desde a súa entidade traballa para promover unha maior participación das mulleres nos órganos reitores das cooperativas, así como para facer máis atractivo o medio rural para as novas xeracións. 

Ver máis

       
   

Aínda non tes incorporada a RSE na túa entidade?

O próximo mércores 20 de xaneiro, no marco do proxecto Gemcat, terá lugar un webinar sobre a responsabilidade social empresarial no que se falará da incorporación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable como ferramenta e factor de competitividade e brindaranse exemplos reais de empresas. 

Se tes interese en participar e coñecer máis sobre esta temática, podes inscribirte aquí

Ademais, informámoste de que haberá diferentes webinars durante o mes de xaneiro e febreiro, relacionados coa responsabilidade social empresarial, aos que poderás inscribirte gratuitamente para coñecer en primeira persoa todas as novidades neste ámbito.

Ver máis

       
   

Cales son os beneficios fiscais das sociedades laborais?

Consulta a través desta infografía todos os detalles en relación cos beneficios fiscais aos que pode acollerse unha sociedade laboral, así como as súas persoas socias.    

Ver máis

   
   

ÚLTIMAS PRAZAS para inscribirse. Non perdas a oportunidade!

Se queres levar a cabo a túa idea de negocio inscríbete na nova edición do curso  "Aprende a desenvolver o teu proxecto de economía social" na que ampliamos contidos e mediante a cal poñemos á túa disposición os recursos e os coñecementos básicos que che permitan emprender baixo esta fórmula.  

Datas: 27/01/2021 - 18/02/2021
Modalidade: en liña
Duración: 40 h
Inscricións: formulario / 981558008 / eusumo.emprego@xunta.es 

Ver máis

       

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela