LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 196 1 / 12 / 2022
 
       
   

A Xunta levou por oitavo ano consecutivo a caseta da economía social de Galicia á feira Culturgal

O sector cultural da economía social de Galicia estivo representado na Feira das Industrias Culturais (Culturgal), que se celebrou a semana pasada no Pazo da Cultura de Pontevedra.

A caseta, promovida pola da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade renovou a súa aposta pola visibilización das entidades que conforman o sector e mostrou nesta edición o aliñamento dos seus valores e principios cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a consecución da Axenda 2030.

Ver máis

       
   

A capitalización da prestación por desemprego para crear ou participar nunha cooperativa ou sociedade laboral

Presentámosvos unha infografía na que se resume de forma concreta a capitalización da prestación por desemprego para crear ou participar nunha cooperativa ou sociedade laboral. 

Podes revisar o contido deste recurso premendo sobre a imaxe que atoparás na nosa páxina web.

Ver máis

       
 
   
       
   

Coñece as cooperativas e as sociedades laborais

Desde a Rede Eusumo organizamos esta actividade en liña gratuíta para achegar o modelo cooperativo e as sociedades laborais ao público que quere emprender, ademais de mostrar experiencias reais de emprendemento mediante exemplos de entidades de éxito en Galicia.

Data: 14 de decembro de 2022
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Horario: de 12:00 a 13:30 horas
Inscrición: ata o 13 de decembro de 2022 a través deste formulario

Ver máis

   
   

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela