LOADING

 
Boletín Rede Eusumo Nº 206 09 / 02 / 2023
 
       
   

Publicada no DOG a convocatoria do 2023 das axudas ás empresas de inserción e as súas entidades promotoras

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade abriu unha nova convocatoria para solicitar as axudas ás empresas de inserción (EI) e ás súas entidades promotoras.

Con estas axudas, o Goberno galego busca promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción que teñan centros de traballo en Galicia

Ver máis

       
   



Aberta a convocatoria dos Premios á Cooperación 2023

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publicou as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2023, unha iniciativa que ten como obxectivo fomentar e difundir o cooperativismo, así como os seus principios e valores.

Estes premios son un recoñecemento público do labor que realizan as cooperativas a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo en Galicia.


O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 28 de abril de 2023.

Ver máis

       
   

Participa na convocatoria do Certame Cooperativismo no Ensino 2023

A Xunta organiza un ano máis o Certame de Cooperativismo no Ensino para difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de infatil, primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 28 de abril de 2023

Ver máis

       
 
   
       
   

Anótate no curso "Iniciación á cooperativa de traballo"

O Concello de Narón organiza o curso gratuíto "Iniciación á cooperativa de traballo" no marco da Rede Eusumo.

As persoas que accedan a esta formación terán a oportunidade de coñecer da man de profesionais como se constitúen as cooperativas e o seu funcionamento. 

Datas: do 13 de febreiro ao 10 de marzo de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Formación en rede
Duración: 60 horas
Horario: de 10:00 h a 13:00 h
Inscrición: a través deste formulario

Ver máis

       
   


Inscríbete no curso "Contabilidade básica para a túa entidade de economía social"

Es unha persoa pouco familiarizada co vocabulario financeiro e gustaríache saber máis sobre o tema? Este curso está pensado para ti!

A 3.ª edición desta formación gratuíta axudarache a ter unha visión integrada dos conceptos clave da contabilidade e das finanzas para que poidas xestionar a túa entidade de economía social.

Datas: do 14 ao 28 de febreiro de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 20 horas
Inscrición: ata o 13 de febreiro de 2023

Ver máis

       
   

Súmate ao "Reto de Iniciativas para Ourense"!

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO), no marco da Rede Eusumo, lanza o "Reto de Iniciativas para Ourense" co obxectivo de conseguir identificar máis de 100 iniciativas en menos de 8 horas para lograr un futuro mellor.

As persoas participantes deseñarán unha idea de negocio viable para poñer en marcha na provincia ourensá.

Data: 15 de febreiro de 2023
Modalidade: en liña e presencial
Horario: de 9:00 h a 20:00 h
Inscrición: a través da web Laboratorio de Iniciativas Sostibles

Ver máis

   
   

 

Rede Eusumo

Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
            
www.eusumo.gal
 

 

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz
   

 

 

 

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela