|
Boletín Rede Eusumo Nº 220 18 / 05 / 2023
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Xunta apoia o emprego inclusivo a través do Plan 'Emprega Discapacidade e Exclusión Social'
Covadonga Toca participou no acto de presentación do programa Talentos en Galicia, onde destacou que a Xunta segue mantendo o seu compromiso co emprego inclusivo a través do Plan autonómico Emprega Discapacidade e Exclusión Social.
A 2.ª edición deste plan contará con máis de 44,4 millóns de euros e estará estruturado en oito programas cos que se quere promover a contratación e a formación de aproximadamente 6000 persoas.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Proximamente nova convocatoria do Bono Consolida
A convocatoria para este 2023 do Bono Consolida está dotada cun total de 2 730 000 de euros que se destinarán a reforzar a presenza de entidades de economía social galegas (sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego) no tecido económico para incrementar a súa competitividade e manter empregos de calidade.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aprende a xestionar a contabilidade da túa entidade de economía social
Es unha persoa que non está familiarizada co vocabulario financeiro? Desde a Rede Eusumo organizamos este curso para ti.
O obxectivo desta formación é que coñezas os conceptos clave da contabilidade e das finanzas para que xestiones a túa entidade de economía social.
Datas: do 1 ao 15 de xuño de 2023
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Duración: 20 horas
Inscrición: ata o 31 de maio
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Únete á nova edición do programa RR_dTerritorio
A Fundación Roberto Rivas lanza a 3.ª edición do Programa RR_dTerritorio de incubación de proxectos de emprendemento social innovadores no territorio de Galicia.
Está dirixido a persoas de menos de 30 anos, que estean comprometidas co territorio e que teñan espírito emprendedor e tempo libre este verán.
Datas: entre o 22 de maio e o 22 de setembro de 2023
Modalidade: en liña e presencial
Lugar: "La Moda" Rural Lab, en Silleda
Inscrición: ata o 22 de maio e a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Participa no 3.º encontro da actividade "Boborás con futuro"
Este terceiro encontro consistirá na realización dunha formación práctica para terminar de definir as iniciativas empresariais das persoas participantes e descubrir os aspectos que se poden mellorar.
Data: 22 de maio de 2023
Horario: de 17:00 h a 21:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Edificio sociocultural Manuel Chamoso Lamas
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Formas parte dunha cooperativa de ensino?
Únete a este encontro que organiza EspazoCoop.
Entre as cooperativas e as persoas que participen crearase un espazo de coñecemento mutuo e promoción de posibles accións de cooperación para o 2023.
Data: 23 de maio de 2023
Horario: de 17:00 h a 20:00 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
"Constrúe o teu modelo de negocio con LEGO"
A Fundación CEL organiza esta actividade co obxectivo de axudar a cooperativas, sociedades laborais e persoas emprendedoras a concretar os puntos clave para levar a cabo a súa idea de negocio, e fomentar a creación dunha estratexia clara para deseñar o produto e chegar ao cliente obxectivo.
Datas: do 29 de maio ao 1 de xuño de 2023
Horario: de 16:00 h a 20:00 h
Modalidade: presencial
Lugar: Fundación Cel Iniciativas por Lugo
Duración: 16 horas
Inscrición: a través deste formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|