LOADING


Boletín Rede Eusumo Nº 253 11/01/2024
Increméntase en 2,1 millóns de euros o crédito das axudas para os Centros Especiais de Emprego

Con este crédito, o Goberno galego financia as axudas correspondentes aos meses de xullo a novembro do 2023 dirixidas a promover a creación, ampliación, mantemento e adaptación dos postos de traballo nos CEE, atendendo deste xeito o 100 % das solicitudes presentadas.

Nas vindeiras semanas publicarase unha nova orde de apoios por valor de 25 750 000 euros coa que se financiará esta actuación entre os meses de decembro de 2023 e novembro de 2024.
Aberta a convocatoria de axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios
A Consellería de Medio Rural publicou as bases reguladoras destas axudas ás que se poden acoller, entre outros empresarios individuais e sociedades, as cooperativas agrarias galegas que cumpran os requisitos.

O prazo de presentación de solicitudes para as subvencións desta convocatoria remata o 5 de febreiro do 2024, mentres que o prazo para as solicitudes de préstamos garantidos finalizará o 29 de marzo de 2024.
Aberto o prazo para presentar as solicitudes das axudas á apicultura para o 2024
A Xunta publicou no DOG as bases reguladoras das axudas á apicultura para a anualidade 2024 ás que se poden acoller as persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, titulares de explotacións apícolas, así como as agrupacións de apicultores, entre as que se atopan as cooperativas apícolas.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 8 de febreiro de 2024.

Sabes como crear unha entidade de economía social?

Analiza a viabilidade do teu proxecto con esta formación gratuíta e coñece o proceso de constitución deste tipo de entidades, así como as liñas de axudas e financiamento ás que podes optar.

Datas: do 19 de xaneiro ao 2 de febreiro
Horas: 20
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición: automatriculación a través da plataforma
Consigue que a túa entidade teña presenza nos medios!

Descubre o papel estratéxico que ten a comunicación nunha empresa e adquire destrezas básicas que te permitan saber actuar nunha situación de crise.

Datas: do 6 ao 20 de febreiro
Horas: 20
Modalidade: en liña
Plataforma: Campus Eusumo
Inscrición: automatriculación a través da plataforma

Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:

www.eusumo.gal

Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela