|
Boletín Rede Eusumo Nº 95 10 / 12 / 2020
|
|
|
|
|
|
Novo criterio interpretativo das axudas á hostalería
En relación co Programa II de axudas á hostalería, recollido na Orde do 26 de novembro da Consellería de Emprego e Igualdade, publícase unha nova orde mediante a cal se especifica que se entende por semana completa para o efecto do cómputo dos días de peche da actividade.
Ademais, aproveitamos para recordar que segue aberto o prazo para a presentación de solicitudes ata o próximo 28 de decembro, tanto para o Programa I de microempresas como para o Programa II da hostalería.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Coñeces o servizo de asesoramento da Rede Eusumo?
Contamos cun equipo de profesionais disposto a resolver todas as túas dúbidas. Se tes unha idea de negocio, axudarémosche a desenvolvela; se precisas colaboradores para o teu proxecto, facilitarémosche a procura; se necesitas formación e información sobre a fórmula empresarial da economía social elixida, porémolas á túa disposición; se buscas asesoramento no proceso de tramitación administrativa, prestarémosche apoio, ademais de adaptarnos a ti e asesorarte no momento e na forma que o precises.
Contacta connosco e trasládanos todas as túas inquedanzas.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aínda quedan prazas para inscribirse no maratón de emprendemento de economía social
Se tes interese en dar un paso máis na túa idea de negocio, neste maratón poñemos á túa disposición os recursos necesarios para facelo.
Centrarémonos na elaboración dos estatutos e do regulamento interno de cooperativas e sociedades laborais, ademais de mostrar as novas oportunidades de emprendemento en sectores emerxentes. É unha boa ocasión para redirixir a túa idea e saber por onde comezar.
E se tes algunha dúbida que nos queiras consultar antes da xornada, poñemos á túa disposición un apartado onde ti preguntas e nós respondemos. Soamente tes que enviarnos a túa consulta ao cubrir o formulario de inscrición e contestaremos á túa e a outras cuestións trasladadas en directo.
Data: 15/12/2020
Horario: 10:00 - 13:30 h
Modalidade: en liña
Inscricións: formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|