|
Boletín Rede Eusumo Nº 55 27 / 02 / 2020
|
|
|
|
|
|
A economía social galega do 2019 en cifras
Cantas entidades de economía social hai activas en Galicia? Cantas se constituíron no último ano? Cantas persoas socias promoveron estas novas entidades?
Coñece en detalle os datos relativos ás cooperativas, ás sociedades laborais, aos centros especiais de emprego e ás empresas de inserción laboral no ano 2019.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
En que che podemos axudar?
Dinos se formas parte dunha empresa ou dunha entidade sen ánimo de lucro ou es unha persoa física e consulta o mapa de axudas dispoñibles en 2020.
Para máis información podes chamarnos ao 981544666 ou mandar un correo a axudas.emprego@xunta.gal.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Infórmate sobre as diferentes actividades que compoñen a Semana Universitaria da Economía Social
Por primeira vez a economía social chega a vinte universidades españolas, con máis de setenta actividades diferentes, para dar a coñecer a intensa actividade e os resultados da investigación sobre o sector.
Ao longo desta semana realízanse conferencias sobre a economía social e as políticas públicas, mesas redondas nas que expoñer novos retos neste ámbito, sesións de cine, coloquios, talleres, exposicións etc.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Envíanos a túa proposta para o Cume da Economía Social Europea 2020
Os días 26 e 27 de novembro de 2020 celebrarase en Mannheim, Alemaña, o Cume da Economía Social Europea 2020 na que Galicia terá a oportunidade de contribuír ao avance da economía europea ao servizo das persoas.
Convidámosvos a presentar propostas de actividades para desenvolver no cume para construír entre todos unha achega consensuada. As suxestións, que poderán incluír talleres, paneis de discusión, mesas redondas etc. poden enviarse ata o día 15 de marzo a economiasocial.emprego@xunta.es.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Queres internacionalizar o teu negocio?
Coñece todo o que precisas para levar a cabo o proceso de internacionalización da túa entidade: os conceptos básicos; como elixir o mercado; que estratexia de acceso adoptar para a exportación; que xestión operativa realizar e como adaptar o produto ao novo mercado.
Datas: 02 - 06/03/2020
Horario: 11:00 - 14:00 h
Duración: 15 h
Lugar: Cámara de Comercio de Santiago, Viveiro de Empresas, r/República Checa, 40, Pol. Costa Vella, Santiago de Compostela.
Inscricións: formulario
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Como xestionar e sacar o máximo rendemento dunha cooperativa na Comunidade de Montes Veciñais
Aprende a organizar unha cooperativa e as vantaxes que ofrece esta fórmula de economía social, ademais da fiscalidade, titularidade e defensa dos montes veciñais, instrumentos de ordenación ou xestión forestal e iniciativas innovadoras no medio rural.
Data: 09 - 13/03/2020
Horario: 16:00 - 19:00 h
Lugar: Casa Reitoral de Celas, Lugar de Celas, s/n, Culleredo (A Coruña)
Inscricións: 981584783 / agaca@agaca.com
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|