|
Boletín Rede Eusumo Nº 78 13 / 08 / 2020
|
|
|
|
|
|
"Todos estamos xuntos para que isto saia ben" é o lema de Vangarda Muebles de Cocina S.Coop.Galega
Os comezos sempre son duros, pero neste caso contaban co máis importante, un bo equipo de traballo, profesional e cualificado. Xunto co asesoramento especializado da Rede Eusumo e as axudas á creación de emprego en cooperativas, fixeron realidade o seu proxecto.
Pouco a pouco foron crecendo grazas ás liñas de actividade de fabricación e venda de accesorios e portas para cociñas e a fabricación e subministración de mobles de cociña premontados.
Vangarda descubriu como o cooperativismo salva empresas e empregos e quizais ti tamén teñas interese en sabelo.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Coñece o monte do século XXI
É un bo momento para reflexionar sobre o aproveitamento das terras e os recursos que proporcionan. Para iso é importante diferenciar as formas de propiedade existentes; coñecer os instrumentos de planificación e xestión forestal; saber con que liña de axudas se pode contar; e aprender da experiencia profesional doutras entidades.
Contribuír ao aproveitamento das terras servirá para impulsar o emprendemento, favorecer o emprego xuvenil e activar o rendemento produtivo da terra.
Datas: do 07 ao 11/09/2020
Horario: 16:00 - 20:00 h
Duración: 20 h
Lugar: no salón de actos do vicerreitorado do Campus de Lugo, praza Pío XII, 3 (fronte á catedral)
Inscricións: formulario / 982238000 / 679732163 / info@comarcadelugo.gal
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Sabías que emprender é posible mediante a fórmula do autoemprego cooperativo?
Coñece todo o que precisas para crear unha cooperativa: como se organiza, as súas características, o seu financiamento e o seu réxime económico, así como a experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.
Datas: do 14/09/2020 ao 02/10/2020
Modalidade e horario: en liña, con dúas sesións virtuais de aprendizaxe o 14 de setembro e o 2 de outubro de 11:00 - 12:30 h
Duración: 20 h
Inscricións: formulario / patane@espazo.coop / 881887456
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|