Encontro Sectorial de Asesorías e Consultoras

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza o "Encontro sectorial Asesoría e Consultoras" no marco da Rede Eusumo.

Data: 24 de maio

Horario: de 09:30 h a 12:00 h

Modalidade: en liña

Plataforma: Zoom

Obxectivos: 

  • Promoción de encontros de intercooperación entre cooperativas para o fortalecemento sectorial
  • Favorecer o coñecemento mutuo entre as entidades participantes, tanto a nivel sectorial como intersectorial
  • Posibilitar a transferencia de temáticas, experiencias, metodoloxías, ou solucións para a posta en marcha de estratexias de cooperación
  • Contribuír á mellora da xestión empresarial e societaria e á consolidación das entidades participantes
  • Divulgar ferramentas e boas prácticas de intercooperación que favorezan o emprendemento e consolidación de proxectos e/ou procesos neste eido
  • Estimular e acompañar ao emprendemento e consolidación de proxectos e/ou procesos de intercooperación

Persoas e entidades destinatarias:

  • Persoas socias das cooperativas activas, principalmente aquelas que conforman a sectorial de Asesorías e Consultoras de EspazoCoop

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: visita a web espazo.coop

 

Descarga o programa

 

Venres, 24 Maio, 2024 - 09:30 to 12:00

Compartir