Estrategias de comercialización offline-online: packacking e etiquetado do produto

O Concello da Veiga organiza o curso formativo "Estrategias de comercialización offline-online: packacking e etiquetado do produto" no marco da Rede Eusumo.

Esta actividade ten como obxectivo promocionar e impulsar o cooperativismo na Veiga. Levarase a cabo os días 26, 27, 28 e 30 de outubro en modalidade presencial na Aula Centro de Desenvolvemento Rural (A Veiga, Ourense). O horario será de 9:00 h a 14:00 h.

A planificación dos módulos será a seguinte:

1. Ofimática e técnicas administrativas básicas

2. Etiquetado para comercialización

3. Empaquetado e Packacking

4. Práctica empaquetado

As inscricións estarán abertas ata o 25 de outubro e poderán facerse a través de centropicolaprada@gmail.com ou 603 71 96 73.

 

Descarga o cartel

 

Xoves, 26 October, 2023 - 09:00 to Luns, 30 October, 2023 - 14:00

Compartir