III Plan de rescate: Programa III para autónomos/as ou empresas con máis de 10 traballadores/as e cun volumen de facturación de máis de 2M € ou empresas de máis de 25 traballadores/as - PECHADO O PRAZO

Publicadas no DOG as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado.
- Persoas beneficiarias: persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no Réxime de Traballadores do Mar como persoas traballadoras por conta propia, os profesionais e as empresas que reúnan as condicións establecidas na Orde e que:
- Acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, de más dun 30 % para aquelas que desenvolvan unha actividade económica incluída no anexo I do Real decreto-lei 5/2021, de 12 de marzo, ou ben que acrediten unha caída do volume de operacións no mesmo período dun 40 % ou máis, para aquelas que desenvolvan unha actividade económica que non se atope incluída no dito Anexo.
- Os demais requisitos establecidos no artigo 7 da Orde.
- Serán subvencionables os gastos realizados para:
- O pago da débeda a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros.
- O pago da débeda derivada dos custos fixos.Os pagos a os que se refire o punto anterior, deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Proceder de compromisos contractuais anteriores ao 13 de marzo de 2021.
- A obriga de pago debe ter nacido entre o 1 de marzo do 2020 e o 31 de maio de 2021.
- Os pagos deben estar pendentes na data da presentación da solicitude.A data de nacemento dos compromisos contractuais e a data de nacemento da obriga de pago xustificarase coa data que se sinale no contrato de referencia e/ou factura correspondente.
- Contía da axuda: As axudas, en función da caída do volume de operacións do ano 2020 respecto do ano 2019, concederanse inicialmente polos seguintes importes (sen prexuízo de que resulte aplicable o previsto no artigo 5.2 desta orde, para o caso de que existan créditos sobrantes nalgún programa):
- 10 000 euros se a caída do volume de operacións está entre máis dun 30 % e ata un 60 % .
- 12 000 euros se a caída do volume de operacións é máis dun 60 % e menos dun 70 %.
- 15 000 euros se a caída do volume de operacións é do 70 % ou máis.
A dita cantidade incrementarase ata 15 000 € en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teña no momento da publicación da orde, segundo a escala seguinte:
- 5 000 euros se ten de 26 a 50 persoas traballadoras.
- 10 000 euros se ten de 51 a 100 persoas traballadoras.
- 15 000 euros se ten máis de 100 persoas traballadoras.
Para as persoas autónomas de tempada os importes da axuda serán do 50 % das cantidades indicadas.
Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación das solicitudes finaliza o 14 de xullo de 2021.
Podes visualizar a infografía explicativa da axuda premendo aquí.
Tamén podes acceder ao contido das preguntas frecuentes clicando aquí.
Para consultar a orde, preme aquí.