|
Boletín Rede Eusumo Nº 106 26 / 02 / 2021
|
|
|
|
|
|
Coñece datos de interese sobre a economía social
Publícase un novo informe sobre a economía social galega, concretamente, en relación coa anualidade 2019, coa finalidade de completar o contido do "Libro Branco da economía social" e achegar información de interese sobre esta.
Neste informe pódense consultar datos estatísticos da economía social, ademais dunha análise da fiscalidade destas entidades, e unha experiencia de innovación docente en aprendizaxe-servizo no ámbito universitario.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Crea un plan de igualdade para a túa entidade!
A través desta guía, elaborada pola USC, poderás obter directrices para crear un plan de igualdade comezando pola análise do marco teórico e normativo ata finalizar polo procedemento de elaboración do plan.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Consulta as estatísticas en materia de economía social en Galicia!
Se tes interese en coñecer datos estatísticos sobre cooperativas, sociedades laborais e centros especiais de emprego de 2017, 2018 e 2019 fai clic aquí.
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
Ideas para a modernización do sector primario! (2ª ed.)
Coñece como mellorar a túa explotación agraria a través de certificacións de calidade e medioambientais.
Datas: do 01/03/2021 ao 09/04/2021
Duración: 70 h
Modalidade: en liña
Inscricións: 981584783 / agaca@agaca.coop
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
Únete ao almorzo cooperativo sobre as axudas do 2021!
Se queres presentar a túa solicitude ás axudas do programa Aprol 2021 de economía social, ensinarémosche como facelo. Ademais darémosche claves que che axuden a resolver diferentes casuísticas que se presenten e poderás trasladarnos as túas preguntas que serán resoltas no debate final.
Data: 5/03/2021
Horario: 09:30 - 11:30 h
Modalidade: en liña
Inscricións: formulario / 881887456 / teresa@espazo.coop
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
O té, unha oportunidade de negocio!
Aínda hai no ámbito agroalimentario recursos para explotar e aos que sacarlles o máximo rendemento. Conéctate a este meeting e infórmate das vantaxes e oportunidades de emprendemento cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira.
É unha boa oportunidade para comezar de cero!
Data: 16/03/2021
Horario: 10:00 -14:00 h
Modalidade: en liña
Inscricións: formulario / agaca@agaca.com / 981584783
Ver máis
|
|
|
|
|
|
|
|
O cultivo da castaña como oportunidade de negocio!
Apaixónache o mundo da castaña e tes interese en emprender? Inscríbete neste meeting e valora a posibilidade de crear unha cooperativa agraria, de explotación comunitaria ou de traballo asociado e comeza a poñer en práctica a túa idea de negocio.
Data: 18/03/2021
Horario: 10:00 - 14:00 h
Modalidade: en liña
Inscricións: formulario / agaca@agaca.com / 981584783
Ver máis
|
|
|
|
|
|
Rede Eusumo
Contacte en: comunicacion@eusumo.gal ou 610 17 43 89
Máis información en:
www.eusumo.gal
|
|
|
Convidamos as empresas de economía social de Galicia a achegarnos as súas novidades para difundilas a través da nosa canle: Somos a túa voz |
|
|