Publicadas as bases reguladoras das axudas ao emprendemento para o 2024

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das axudas para apoiar iniciativas de emprendemento para a anualidade 2024.

Cal é a finalidade destas axudas?

A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 30 de setembro de 2023 e a data da presentación da solicitude.

Quen pode solicitar estas axudas?

  1. Persoas traballadoras autónomas
  2. Mutualistas
  3. Pequenas e medianas empresas
  4. Cooperativas
  5. Sociedades laborais
  6. Empresas de inserción
  7. Centros especiais de emprego

Cales son os conceptos subvencionables?

  1. Equipamento informático
  2. Activos intanxibles: activos que non teñen unha materialización física ou financeira
  3. Investimentos en eficiencia enerxética
  4. Adquisición de bens de equipamento e mobiliario
  5. Reforma e habilitación das instalacións do local de negocio
  6. Gastos notariais e/ou rexistrais
  7. Gastos de alugamento de inmobles para a realización da actividade
  8. A adquisición de activos pertencentes a un establecemento ou de bens de equipo de segunda man

Ata cando se pode presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 12 de febreiro e finalizará o 28 de xuño de 2024.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

 

Martes, 6 February, 2024 - 17:30

Compartir