Publicadas as bases reguladoras do programa Aprol-economía social para o 2024

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social) para a anualidade 2024.

Cal é a finalidade destas axudas?

Fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais a través de dous programas de axudas:

PROGRAMA I: Fomentar a incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou a proba.

PROGRAMA II: Fomento do acceso:

  • Á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou de sociedades laborais.
  • De persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas.

Quen pode solicitar estas axudas?

Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran os requisitos e as condicións xerais recollidas na orde:

PROGRAMA I:

  • Cooperativas
  • Sociedades laborais

PROGRAMA II:

  • Persoas desempregadas
  • Persoas socias ou traballadoras de cooperativas
  • Persoas socias ou traballadoras de sociedades laborais
  • Persoas socias ou traballadoras doutras empresas que se transformen en cooperativas ou sociedades laborais

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 16 de setembro de 2024.

  • TR802G - Programa I: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • TR802J - Programa II: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

 

Descarga o folleto

 

Xoves, 1 February, 2024 - 08:45

Compartir