Axudas do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña - PECHADO O PRAZO

O próximo 22 de abril ás 14:00 horas, remata o prazo de presentación das solicitudes das axudas do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña.

Son catro as liñas de subvención:

  • LIÑA PEL - EMPRENDE INVESTIMENTO: axudas para a consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.
  • LIÑA PEL - EMPRENDE ACTIVIDADES: axudas para o apoio á realización de actividades e/ou actuacións no desenvolvemento da iniciativa empresarial.
  • LIÑA PEL - PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de microempresas, pequenas e medianas empresas.
  • LIÑA PEL - PEMES MANTEMENTO: axudas ao mantemento do cadro de persoal de microempresas, pequenas e medianas empresas.

Para coñecer en detalle as bases das liñas de subvención, podes acceder ao Boletín Oficial da Provincia nº 45 do 06/03/2019 ou premenendo na seguinte ligazón.

As solicitudes poderanse presentar únicamente de xeito telemático a través da plataforma telemática SUBTeL, que se pode atopar na páxina web da Deputación da Coruña www.dacoruna.gal.

Ademais, na páxina web https://emprego.dacoruna.gal/ pode consultar a información actualizada sobre o Plan de Emprego Local.

Para calquera consulta, dúbida ou aclaración adicional pode poñerse en contacto no pel@dacoruna.gal ou no 981080509 co equipo técnico do Plan de Emprego Local.

 

Luns, 22 April, 2019 - 14:00

Compartir