Xornada formativa sobre oportunidades de negocio: extracción de resina

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Extracción de resina" no marco da Rede Eusumo.

Data: 29 de febreiro

Horario: de 9:30 h a 14:30 h

Modalidade: en liña

Plataforma: Zoom

Obxectivos: 

  • Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado.
  • Promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras, en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia, consideradas como oportunidades de negocio.
  • Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre as persoas e as súas familias.
  • Fomentar a fixación da poboación ao rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias como de novos emprendedores.

Persoas destinatarias:

  • Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
  • Persoas que teñan vinculación coa economía social
  • Público en xeral

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

 

Descarga o programa

 

Xoves, 29 February, 2024 - 09:30 to 14:30

Compartir