Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: novidades lexislativas estratéxicas
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) organiza "Xornadas estratéxicas dos directivos das cooperativas: novidades lexislativas estratéxicas" no marco da Rede Eusumo.
Data: 14 de outubro
Horario: de 9:45 h a 14:45 h
Modalidade: en liña
Plataforma: Zoom
Obxectivos:
- Aclaración de dúbidas de aplicación do novo encadramento das cotizacións á Seguridade Social das actividades agrarias e gandeiras a tempo parcial e das persoas xubiladas
- A posta en marcha da factura electrónica e a Lei de Creación e Crecemento de Empresas na contorna das cooperativas agrarias, e os hábitos que deben mudar
- Avance sobre o reto de dispoñer dun sitio web na cooperativa para abordar as novas tendencias de información e rexistro das sociedades: Real Decreto-lei 5/2023
Persoas destinatarias:
- Persoas con cargos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia, equipo técnico)
- Mulleres socias e mozos e mozas menores de 35 anos e maiores de 18, socios de cooperativas
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop
Descarga o programa
Luns, 14 October, 2024 - 09:45 to 14:45