A Xunta reforza a competitividade e a transformación dixital das entidades da economía social en Galicia
Boiro (A Coruña), 26 de agosto de 2024
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou hoxe as instalacións do clube Barbanza Golf, sociedade laboral beneficiaria do Bono consolida economía social en 2024 cun apoio de preto de 27.000 euros.
Esta liña de axudas, dotada cun orzamento total de 2,7 millóns de euros, está dirixida especificamente a sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. O seu obxectivo é apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética.
Ademais, a Xunta de Galicia ten en marcha na actualidade a segunda Estratexia da economía social, unha planificación con horizonte 2027 e un orzamento de 174 millóns de euros coa aspiración de xerar 4.000 empregos e posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial.