Axuda Cheque autónomo seguimos adiante - PECHADO O PRAZO
Esta axuda ten como finalidade a reactivación da actividade económica dos autónomos que non percibiron prestación por cese temporal de actividade debido á covid-19.
LOADING
Axuda Cheque autónomo seguimos adiante - PECHADO O PRAZO
Esta axuda ten como finalidade a reactivación da actividade económica dos autónomos que non percibiron prestación por cese temporal de actividade debido á covid-19.
Programa bono coidado extraordinario para a infancia - PECHADO O PRAZO
Xa están publicadas no DOG as axudas ás familias con nenas e nenos de ata doce anos de idade para a conciliación na situación xerada pola COVID-19 a través do programa Bono coidado extraordinario.
Xa están publicadas no DOG as axudas aos proxectos de empresas galegas para garantir a seguridade laboral e xerar confianza no consumidor, convocadas para o ano 2020 en réxime de concorrencia non competitiva.
Obxecto: contribuír a xerar confianza nos consumidores mediante a adopción de medidas para crear espazos seguros e introducir cambios nas prácticas empresariais que faciliten unha adecuada reactivación das actividades económicas tras o confinamento consecuencia da crise sanitaria provocada pola covid-19.
Novas liñas Cheques de Dixitalización e Galicia Exporta Dixital - PECHADO O PRAZO
A Xunta activa dúas novas liñas de apoio á dixitalización das pequenas e medianas empresas para facilitar a adaptación á situación derivada da covid-19 e facilitar a reactivación do tecido produtivo galego.
Axudas programa de posta a punto para o emprego para persoas perceptoras da Risga - PECHADO O PRAZO
Obxecto: subvencionar a entidades sen ánimo de lucro para a realización dun programa de posta a punto para o emprego, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social dotándoas das motivacións, habilidades, competencias e capacidades que require o tecido empresarial, de xeito que a través da inserción laboral se poida reverter a súa situación de exclusión social.
Poderán ser entidades beneficiarias as entidades sen ánimo de lucro que cumpran as seguintes condicións:
Axudas ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras - PECHADO O PRAZO
Obxecto: establecer as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2020, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán ser entidades beneficiarias: