Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Medrando Xuntas é un programa que impulsa o liderado feminino na Economía Social galega. Nace para acompañar, conectar e fortalecer ás mulleres que crean, cooperan e transforman o territorio a través de proxectos con impacto social.
O programa constrúese desde a convicción de que medrar en colectivo multiplica as oportunidades: cando as mulleres se forman, se conectan e se acompañan, fortalécese tamén a Economía Social e o desenvolvemento sostible de Galicia.
Para manterte ao día das actividades, convocatorias e recursos do programa, subscríbete ao boletín e súmate á canle de WhatsApp de Medrando Xuntas.
Fins e obxectivos:
- Reforzar o liderado e a participación das mulleres na Economía Social.
- Facilitar formación práctica e accesible para mellorar competencias profesionais e estratéxicas.
- Crear redes de apoio e intercooperación entre mulleres de distintos sectores e territorios.
- Visibilizar proxectos liderados por mulleres con impacto social, innovación e arraigo territorial.
Que facemos?
Formación
Espazos de aprendizaxe pensados para mulleres socias, traballadoras e directivas da Economía Social. A formación combina contidos prácticos, metodoloxías participativas e enfoque de xénero, co obxectivo de fortalecer o liderado, a xestión e a toma de decisións dentro das entidades.
Rede
Unha comunidade viva de mulleres da Economía Social galega. A Rede Medrando Xuntas promove o encontro, o intercambio de experiencias e a creación de alianzas, facilitando o acceso á información, aos recursos e ás oportunidades que ofrece o ecosistema da Economía Social.
Impulsa
Unha liña orientada a dar visibilidade e recoñecemento aos proxectos liderados por mulleres. A través de encontros e dun evento anual, ponse en valor o emprendemento feminino con impacto social, innovación, creatividade e compromiso co territorio.
Programa de formación 2026
O programa parte dunha realidade clara: aínda que a presenza feminina na Economía Social é significativa, persisten barreiras que dificultan o acceso aos espazos de decisión e liderado. Esta nova edición responde a ese desafío cunha oferta formativa práctica, participativa e orientada á acción con dous itinerarios adaptados ás diferentes realidades:
Formación para socias e traballadoras (20 horas)
Orientado a reforzar a participación activa das mulleres nas súas entidades. Estrutúrase en tres bloques:
- Bloque 1. A Economía Social en Galicia
- Bloque 2. Fortalecer o liderado
- Bloque 3. Xestión das organizacións
Formación para directivas e futuras líderes (60 horas)
Dirixido a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara a postos de liderado. Componse de catro bloques:
- Bloque 1. A Economía Social desde a perspectiva de xénero e os desafíos do futuro
- Bloque 2. Coñézome eu para mudar o que me rodea
- Bloque 3. Estratexias para unha xestión transformadora
- Bloque 4. Proxectos innovadores para a Economía Social
Algunha dúbida?
Para máis información, pode enviar un correo electrónico a medrandoxuntas.emprego@xunta.gal ou chamar ao 696 55 96 42.

