Axudas ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras - PECHADO O PRAZO

Obxecto: establecer as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2020, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán ser entidades beneficiarias:
- As entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción Laboral de Galicia.
- Aquelas empresas que na data de presentación da solicitude da axuda teñan solicitado a súa cualificación como empresa de inserción laboral.
Establécense os seguintes programas de axudas:
a) Programa I: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social (procedemento TR356A).
b) Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social (procedemento TR356C).
Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de presentación das solicitudes das axudas previstas nesta orde rematará:
- Para o programa I: dous meses a partir do día seguinte á publicación da orde no DOG (Amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o día 22 de maio de 2020, nos termos previstos nesta Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 6 de maio de 2020)
- Para o programa II: desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG e ata o 2 de outubro de 2020.
Para consultar a orde, preme aquí.
Se queres consultar o folleto da axuda preme aquí.