Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Este manual fai un percorrido polas características que rexen ás cooperativas, tratando de maneira específica cada un dos seus aspectos
Este manual fai un percorrido polas características que rexen ás cooperativas, tratando de maneira específica cada un dos seus aspectos
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou hoxe as instalacións da cooperativa Bidafarma no Polígono industrial de Pocomaco, na Coruña. Alí puxo de relevo a actividade desta entidade líder no sector da distribución farmacéutica en España e a súa capacidade dinamizadora do territorio e deu conta do apoio do Goberno galego a esta familia da economía social.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá a empresa Feito Pontevedra para informar sobre o Bono Consolida Economía Social.
Trátase dunha iniciativa que beneficiou 16 entidades da área territorial de Pontevedra por un importe de preto de 270.000 euros na última convocatoria e que ten como obxectivo apoiar a transformación dixital, a eficiencia enerxética e a competitividade de cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta tarde na xornada celebrada en Ribadavia no marco do proxecto piloto impulsado pola Xunta para a elaboración de plans locais de economía social en distintos concellos galegos.
Despois da recente xornada desenvolvida en Baiona (Pontevedra), Ribadavia colle agora a testemuña neste proceso promovido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, co obxectivo de acompañar aos concellos na definición de estratexias locais adaptadas ás súas características sociais, económicas e produtivas.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá os establecementos Bali Belleza e Ohana Escola Infantil, ambos no concello de Tui, con motivo das axudas Aprol Economía Social.
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá no acto central organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través do seu Centro de Estudos Cooperativos de Galicia (Cecoop), con motivo da celebración da Semana Universitaria da Economía Social. Durante a xornada —na que se presentou tamén o Informe da Economía Social en Galicia 2023— Mariño destacou o papel das universidades como espazos clave para achegar a economía social á mocidade e fomentar o emprendemento colectivo como alternativa real de inserción laboral.