Axudas para a posta en marcha de Casas Niño

A Consellería de Política Social e Igualdade publica as bases reguladoras das axudas para a posta en marcha de Casas Niño para as anualidades 2024, 2025, 2026 e 2027.

Cal é a finalidade destas axudas?

A finalidade é facilitar a posta en marcha de proxectos de servizos destinados á atención de nenas e nenos de ata tres anos de idade, mediante o establecemento dunha casa niño, nos núcleos rurais de Galicia.

Quen pode solicitar estas axudas?

Poderán ser beneficiarias destas axudas para poñer en marcha unha casa niño as persoas físicas que se establezan como empresarias autónomas e as cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar en posesión, ou contar cando menos cunha persoa socia que o estea no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera destas titulacións ou equivalentes:

1º. Técnico/a superior en educación infantil

2º. Grao en mestre/a de educación infantil/educación primaria

3º. Grao en pedagoxía, psicoloxía ou educación social

4º. Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia

5º. Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís ou experiencia profesional acreditada neste ámbito

b) Residir nun núcleo rural de Galicia en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade

c) Contar cun inmoble nun núcleo rural de Galicia en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade

d) Dispoñer dun plan de actuación cos/coas nenos/as para atender eventuais emerxencias que se poidan producir na casa niño

e) Acreditar o estado de saúde cunha revisión médica anual

Cales son as accións e os gastos subvencionables?

Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria os gastos derivados das seguintes actuacións:

a) A reforma e adaptación do inmoble destinado a servir de casa niño, así como o seu equipamento e dotación material que se require no artigo 4 do DOG

b) A prestación da atención personalizada de nenos e nenas de 0-3 anos nas condicións previstas no artigo 2 do DOG

Ata cando se pode presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 14 de xuño de 2024.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

 

Venres, 14 June, 2024 - 23:45

Compartir