LOADING

Pasos para adherirse á Rede Eusumo

As entidades interesadas en pertencer á Rede Eusumo deberán acreditar o seu interese no desenvolvemento do cooperativismo e da economía social, no apoio ao emprendemento ou no desenvolvemento local.

O proceso a seguir é:

  • 1. Presentar a solicitude (Anexo I) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (sede.xunta.es), procedemento TR813A, achegando a documentación que se especifica.
  • 2. A solicitude irá acompañada dunha memoria explicativa (Anexo II) na que se recollen aspectos como:
    • Identificación da entidade e descrición do obxecto social
       
    • Descrición dos motivos polos que quere adherirse á Rede
       
    • Actividades realizadas para o fomento da economía social
       
    • Medios que porá a disposición da Rede

Unha vez aprobada a adhesión, esta formalízase cun convenio de colaboración* entre a Xunta de Galicia e a entidade socia.

* As entidades co convenio anterior ao ano 2018 e que non teñan asinado o convenio adaptado á Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, perderon a súa condición de socios da Rede Eusumo. No caso de estar interesadas na pertenza á rede deberán volver a solicitar a súa adhesión.

Ver adxuntos

CONTACTA COA REDE EUSUMO

Edif. Admin. San Lázaro, baixo 15781
Santiago de Compostela