Calquera persoa interesada pode atopar neste catálogo información sobre as entidades que actualmente forman parte da economía social de Galicia:
Ademáis dos datos básicos proporcionados polos diferentes rexistros autonómicos, as propias entidades incluídas no catálogo poden engadir e actualizar os seus datos de contacto, comerciais e de actividade, para favorecer a súa visualización e promover as relacións entre entidades. O Catálogo galego de entidades da economía social está regulado na Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia. A súa xestión correspóndelle á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. |
|