Mapa de apoios á innovación e á I+D para o 2024
A Xunta de Galicia presenta o mapa de apoios á innovación e á I+D para o ano 2024 durante a xornada de presentación da plataforma InnovaRede: Rede do ecosistema galego de innovación, o primeiro punto de acceso ás capacidades de I+D+i de Galicia.
O obxectivo da publicación destes mapas é facilitar a planificación dos potenciais beneficiarios, entre as que se atopan as entidades de economía social. Na presentación fíxose especial fincapé nas convocatorias que abrirán a comezos do ano, como Bonos de Innovación, DeseñaPeme e InnovaPeme e aquelas que promoven a cooperación, como Misións ou ConectaPeme.
En total, a Xunta de Galicia contará con 37 instrumentos de apoio, dirixidos a todos os tipos de axentes do ecosistema galego de innovación en todas as etapas da I+D+i, de 12 departamentos distintos. Estes 37 instrumentos contan cun orzamento de preto de 190 millóns de euros.
Apoio á economía social
Para seguir impulsando este modelo que prima os beneficios colectivos e sociais sobre a rendibilidade económica, en 2024 increméntase un 3% o presuposto para a economía social chegando aos máis de 43,6 millóns de euros, co propósito de avanzar na creación e consolidación de iniciativas, na súa difusión e na promoción do emprego inclusivo.
A maiores, a nova Estratexia da Economía Social Horizonte 2027 tamén fomentará o crecemento das empresas deste modelo e a creación de novas firmas, atendendo á diversificación de sectores. Pola súa banda, a nova Lei de cooperativas perseguirá axilizar a creación de entidades minimizando a burocracia, para continuar avanzando na cohesión social e do territorio, xerando emprego inclusivo e igualitario.
Descarga o mapa de apoios
Fonte: Xunta de Galicia