O programa ICoopera presenta a "Guía de recomendacións na I+D+i e TIC nas cooperativas galegas"

Hai un interese manifesto das cooperativas galegas en todo o relativo á innovación e ás tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) porque son conscientes de que representan dous elementos competitivos fundamentais.

O mundo é un contorno en constante cambio -no ámbito social, tecnolóxico, cultural, etc.- e as cooperativas galegas non son alleas a el, de xeito que innovación e as TIC constitúen uns factores distintivos de cara a participar no mercado.

Esta guía pretende ser de utilidade para as cooperativas de Galicia que conecten con esta visión estratéxica. Presentamos ferramentas para a xestión da innovación e das TIC, que lles permitan ser máis eficaces e eficientes como organizacións. Buscamos impulsar o desenvolvemento de novos e mellorados produtos e procesos, avanzando na consecución de cooperativas cada vez máis competitivas e sustentables.

O texto artéllase en dúas liñas principais, aínda que entrecruzadas:

  • Axudar a definir novas ideas e desenvolver proxectos de I+D+i, ademais de servir de guía para organizar o proceso de innovación global das cooperativas.
  • Presentar os conceptos, usos e aplicacións software esenciais para o aproveitamento das tecnoloxías da información e da comunicación no proceso de negocio.

Coa elaboración desta publicación, pretendemos facilitar a sistematización da I+D+i e ofrecer coñecemento para ampliar o uso das TIC nas cooperativas.

DESCARGUE A GUÍA AQUÍ

 

 

Luns, 29 February, 2016 - 10:00

Compartir