Por admin_eu, 6 Julio, 2021
SÚMATE Á CULTURA EMPRENDEDORA EN ECONOMÍA SOCIAL! Programa de formación e asesoramento da USC

A Universidade de Santiago de Compostela lanza un programa de aceleración en liña onde podes facer o teu programa a medida e inscribirte nas accións que máis necesites.

Datas: de xuño ao 28 de setembro do 2021

Destinatarios: alumnado universitario, persoas emprendedoras con proxectos de economía social, empresas de economía social que aposten por un salto de escala e outras empresas que queiran transformarse en entidades de economía social.

Obxectivos:

- Fomentar o emprendemento a través da mellora dos coñecementos e as competencias.
- Incentivar a creación de empresas de economía social.
- Reducir o tempo de posta en marcha dos proxectos.
- Favorecer o salto de escala de proxectos de economía social.

Accións formativas:

  1. FORMACIÓN
    - Sesión Lean Start Up - Construíndo un modelo de negocio: 15 horas de formación do 13 de xullo ao 3 de agosto. Preme aquí para ver o cartel formativo completo. Podes inscribirte só a esta formación en: https://bit.ly/inscricionmodelodenegocio2021  
    - Sesión Consolidación e salto de escala dos proxectos de economía social e mellora das capacidades dos promotores: do 7 ao 28 de setembro de 2021. Preme aquí para visualizar o cartel formativo completo. Podes inscribirte só a esta formación en: https://bit.ly/inscricionconsolidacion2021
  2. TITORÍAS E ASESORAMENTO

Inscricións:

- Ata o 12 de xullo ás 12:00 horas
- A través do seguinte formulario de inscrición cubrindo os teus datos de contacto e seleccionando as accións nas que queres participar nunha ou nas dúas formacións e/ou no programa de titorias e asesoramento. Podes deseñar o programa a túa medida.
- Tamén a través de proxectoeusumo.usc@gmail.com

 

Data

Categoria