Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Impulsa o teu negocio co marketing dixital. Formación blended learning
Título: Impulsa o teu negocio co marketing dixital
Descrición: O obxectivo fundamental deste curso é o de facilitar novos métodos de marketing e comunicación ás empresas de economía social co obxectivo de posicionar dunha forma óptima o seu proxecto e, como consecuencia, mellorar a comercialización dos seus negocios.
Duración: 20 horas blended learning (6 h presenciais e 14 horas teleformación)
Lugar: As sesións presenciais celebraranse o 4 e o 20 de decembro na Aula 2 do Edificio Cersia Empresa, en Santiago
Datas: Do 4 ao 20 de decembro.
Horario das sesións presenciais: As sesións presenciais celebraranse o 4 e o 20 de decembro en horario de 16.00 a 19.00 horas
A inscrición pode realizarse a través do teléfono 981 558 008 ou no correo eusumo.emprego@xunta.es ata o 30 de novembro
Actividade desenvolvida pola Rede Eusumo coa colaboración do Concello de Santiago.
