Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Aprende a xestionar as redes sociais para a túa entidade de economía social
A Rede Eusumo organiza a actividade en liña: "Aprende a xestionar as redes sociais para a túa entidade de economía social"
Datas: do 25 de novembro ao 9 de decembro 2025
Modalidade: en liña
Duración: 20 horas
Inscricións: a través do Campus Eusumo
Obxectivos: Darlle a coñecer ao alumnado as ferramentas e as tendencias actuais que lles permitirán desenvolver a súa propia estratexia en redes socias e mellorar a súa presenza nun contorno dixital altamente competitivo.
Público obxectivo:
-
Persoas desempregadas
-
Persoas traballadoras ou socias de entidades de economía social en Galicia
-
Público en xeral
Programa:
MÓDULO 1. Introdución ás redes sociais
MÓDULO 2. Planificación estratéxica en redes sociais
MÓDULO 3. Creación de contido atractivo
MÓDULO 4. Xerar comunidade nas redes sociais
MÓDULO 5. Xestión e programación de contidos
As inscricións estarán abertas ata o 24 de novembro de 2025 e faranse seguindo estos pasos:
- Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
- Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal
Descarga o programa

