Por admin_eu, 27 Outubro, 2025
Atención dixital nas marcas: Como conectar co cliente omnicanal

Galicia Business School en colaboración coa Xunta, a través da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais organizan o webinar "Atención dixital nas marcas: Como conectar co cliente omnicanal​" no marco da Rede Eusumo.

Data: 3 de novembro

Horario: 13:00h 

Modalidade: en liña

Temas que abordaremos ao longo da sesión

  • Que é o márketing dixital e por que non debe verse como unha estratexia paralela dentro da compañía
  • Do márketing tradicional ao márketing dixital: unha evolución natural
  • Como construír unha marca sólida nas canles dixitais
  • Onde está a miña audiencia: canles, datos e analítica dixital
  • Como medir a atención e o recordo de marca na contorna dixital
  • A influencia do márketing no cliente omnicanal.

Este webinar forma parte do programa Xeración Dixital Pemes: Cooperativas e Economía Social. Este programa, lanzado por Galicia Business School en colaboración coa Xunta de Galicia, Espazo Coop e AGACA, formará a profesionais de Santiago de Compostela en transformación dixital, innovación, intelixencia artificial e márketing dixital. Se estás interesado, solicita información, é completamente gratis destinado ás pemes de 1 a 249 traballadores.

Inscricións: podes anotarte facilmente cubrindo o formulario dispoñible en liña.

Descarga o cartel

Atención dixital nas marcas: Como conectar co cliente omnicanal

Data

Categoria