Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Axendas e iniciativas innovadoras en Economía Social Verde e Amarela
O proxecto europeo ES-Factory organiza o seminario "Axendas e iniciativas innovadoras en Economía Social Verde e Amarela" no marco do proxecto europeo Es-Factory. Neste programa as persoas adquirirán competencias e habilidades de xestión empresarial en cooperativas a través de formación e acompañamento interim manager.
Data: 26 de novembro
Horario: 10:30 a 14:00h
Modalidade: presencial
Lugar: Hotel Puerta del Camino (C/ Miguel Ferro Caaveiro 15703, Santiago)
Programa:
- Sostibilidade no sector agroalimentario de Galicia: Axenda Intersectorial da Economía Verde
- Optimización da produtividade e competitividade da Economía Social a través da innovación tecnolóxica: Axenda Intersectorial Economía Amarela vs. Economía Social
- Presentación do proxecto AGROLISTIK
- Certificado de aforro enerxético (CAE): fonte de ingresos no agro
- Posibilidade de Mancomunidades Enerxéticas en cooperativas

