Por admin_eu, 30 Xuño, 2025
Axudas a centros especiais de emprego (CEE)

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para o ano 2025

Cal é a finalidade destas axudas?

Garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade mediante axudas a centros especiais de emprego a través de 3 programas:

Programa I: O obxecto é subvencionar os custos salariais e de seguridade social a cargo da empresa derivados da contratación indefinida das persoas traballadoras con discapacidade e da súa inclusión social

Programa II: O obxecto é incentivar a creación de postos de traballo estables e financiar as adaptacións

Programa III: O obxecto é axudar os CEE para financiar o custo salarial de todas as persoas traballadoras con discapacidade 

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de xuño de 2025.

As solicitudes presentaranse por separado para cada un dos programas, obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia:

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude

Axudas a centros especiais de emprego (CEE)

Data

Categoria