Por admin_eu, 30 Setembro, 2025
Programa de emprego con apoio

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigracón publica as bases reguladoras Programa de emprego con apoio e se procede á súa convocatoria para o ano 2025.

Cal é a finalidade destas axudas?

Apoio para financiar os custos laborais e da Seguridade Social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio, tanto no caso de novas contratacións como no caso de persoas preparadoras laborais que veñen prestando servizos na entidade 

Enténdese por emprego con apoio o conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que lles prestan, no propio posto de traballo, persoas preparadoras laborais especializadas ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral e que realizan a súa actividade en empresas do mercado ordinario de traballo, en condicións similares ao resto dos traballadores e traballadoras que desempeñan postos de iguais ou similares características e que conten con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Quen pode solicitar estas axudas?

Poderán promover proxectos de emprego con apoio e ser beneficiarias das correspondentes subvencións reguladas nesta orde as seguintes entidades:

1. As asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro que subscriban o correspondente convenio de colaboración, coa empresa que vai contratar as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social ás cales se lles vai prestar o emprego con apoio e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter por obxecto social, entre outros, a inserción laboral ou a creación de emprego a favor de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
  • Contar no seu cadro de persoal con persoas preparadoras laborais especializadas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10, así como dispor dos recursos materiais necesarios que garantan un desenvolvemento axeitado dos programas de emprego con apoio.
  • Ter experiencia acreditada no desenvolvemento de programas de integración laboral de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
  • Desenvolver as actividades de emprego con apoio de modo gratuíto, sen que caiba o cobramento ou a percepción de ningún tipo de cantidade ou tarifa a persoas traballadoras ou empresarios e empresarias.

2. Os centros especiais de emprego e empresas de inseción, que subscriban un convenio de colaboración coa empresa que vai contratar persoas traballadoras con discapacidade. 

3. As empresas do mercado ordinario de traballo, incluídas as persoas traballadoras autónomas, que dispoñan dos recursos materiais necesarios que garantan un desenvolvemento axeitado dos programas de emprego con apoio.

 

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2025.

As solicitudes presentaranse no seguinte enlace (TR342A), obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados  dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia:

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

Programa de emprego con apoio

Data

Categoria