Por admin_eu, 30 Setembro, 2025
Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT)
Consellería de Empleo, Comercio y Emigración publica as bases reguladoras das Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) para a anualidade 2025.

Cal é a finalidade destas axudas?

Incentivase ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, coa finalidade de impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Quen pode solicitar estas axudas?

1. Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa lles corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e as condicións establecidos nesta orde para cada modalidade de axuda.

2. Para poder acceder ás distintas modalidades de axudas desta orde deberase crear emprego estable para persoas desempregadas.

Cales son as actividades subvencionables?

a) Subvención á creación directa de emprego estable.

b) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.

c) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

d) Apoio á función xerencial.

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2025.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.

Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT)

Data

Categoria