Por admin_eu, 29 Xaneiro, 2026
Axudas autonómicas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestructuras dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancadoiros

A Conselleria do Mar establece as bases reguladoras das axudas autonómicas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestructuras dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancadoiros.

Cal é a finalidade destas axudas?

A concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas para proxectos colectivos que modernicen as infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do medio ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, da calidade e do incremento do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedenteas da pesca e da seguridade das infraesturas fronte a eventos metereolóxicos provocados polo cambio climático.

Quen pode solicitar estas axudas?

  1. As entidades beneficiarias de subvencións as confrarías de pescadores
  2. As agrupacións de interese económico do sector pesqueiro
  3. As organizacións de produtores
  4. As cooperativas
  5. As asociacións de profesionais de persoas pescadoras e mariscadoras
  6. Asociacións profesionais de redeiras que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables

*As entidades serán sen ánimo de lucro e deben ter un ámbito territorial que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia e sede social nela.

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 2 de marzo de 2026.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude

Axudas autonómicas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestructuras dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancadoiros

Data

Categoria