Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Programa ES-Transforma 2026
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social para a anualidade 2026.
Cal é a finalidade destas axudas?
Este programa ten como finalidade apoiar á creación de cooperativas ou sociedades laborais, por ser un modelo económico que xera emprego estable e de calidade, unha maior vinculación co territorio e unha mellora no benestar social, nos seguintes supostos:
- No caso de ausencia de remuda xeracional, cando as persoas desempregadas que traballaban nunha sociedade que non ten remuda xeracional por xubilación ou crise económica e constitúan unha cooperativa ou unha sociedade laboral.
- Fomentar a unión en cooperativa ou sociedade laboral de persoas autónomas con experiencia que acadarían así unha maior seguridade, fortaleza económica e financeira, ademáis de incrementar a súa carteira de clientes e mellorar a súa solvencia.
- Fomentar que as persoas traballadoras que decidan asumir a titularidade da empresa na que traballan a través dunha destas fórmulas de economía social, achegando á xestión da mesma o seu coñecemento especializado na actividade económica , o que permitirá facela máis sustentable no tempo.
- Fomentar que todo tipo de sociedades se transformen en cooperativa ou SSLL por tratarse dun modelo de negocio máis sustentable no tempo, resiliente, solidario e cunha organización democrática, onde a prioridade son as persoas e os obxectivos sociais.
Quen pode solicitar estas axudas?
As sociedades laborais ou cooperativas.
Ata cando se poden presentar as solicitudes?
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 1 de xullo ás 09:00h ata o 15 de setembro ás 20:00h.
- TR802R: As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.
Descarga a infografía

