Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Programa I: Axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social nas empresas de inserción
A Conselleria de Emprego, Comercio e Emigración establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización do emprego en réxime asociativo en Galicia e se convocan para o ano 2026.
Cal é a finalidade destas axudas?
Esta axuda está destinada a financiar parcialmente ás empresasde inserción os custos salariais das persoas traballadoras en situación ou risco de exclusión social.
Quen pode solicitar estas axudas?
- As entidades promotoras de empresas de inserción
- As empresas de insercións inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia
Ata cando se poden presentar as solicitudes?
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2026.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (TR356A), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude
Martes, 3 February, 2026 - 09:00 to Mércores, 30 September, 2026 - 20:00
