Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Programa II: Axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social
A Conselleria de Emprego, Comercio e Emigración establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización do emprego en réxime asociativo en Galicia e se convocan para o ano 2026.
Cal é a finalidade destas axudas?
Ao amparo deste programa de axudas, as empresas de inserción (EI) poderán acceder ás seguintes liñas de axuda:
a) Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EI.
b) Inicio e posta en marcha da actividade.
c) Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.
d) Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EI.
e) Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
f) Formación para as persoas en proceso de inserción.
g) Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.
Asemade, as entidades promotoras de empresas de inserción poderán ser beneficiarias das axudas indicadas nas letras a) e e). Se a subvención a solicitan as entidades promotoras, non a poderán solicitar a empresa ou as empresas de inserción que promovan.
Quen pode solicitar estas axudas?
- As entidades promotoras de empresas de inserción
- As empresas de insercións inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia
Ata cando se poden presentar as solicitudes?
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2026.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (TR356C), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude
Martes, 3 February, 2026 - 08:00 to Mércores, 30 September, 2026 - 20:00
