Por admin_eu, 6 Novembro, 2025
Fórmate para crear unha entidade de economía social

A Rede Eusumo organiza a actividade en liña: "Como crear unha entidade de economía social"

Datas: do 20 de novembro ao 4 de decembro 2025

Modalidade: en liña

Duración: 20 horas

Inscricións: a través do Campus Eusumo

Persoas destinatarias: esta acción está dirixida a todas as persoas interesadas en emprender baixo algunha das fórmulas da economía social ou que precisen financiamento para crear ou consolidar os seus proxectos.

Obxectivos: 

  • Analizar a viabilidade do proxecto das persoas interesadas en emprender

  • Dar a coñecer os pasos que hai que dar para crear unha entidade de economía social

  • Dar a coñecer as liñas de axuda e financiamento ás que poden optar para abordar con éxito o seu proxecto.

Programa:

MÓDULO 1. Análise da viabilidade do proxecto

MÓDULO 2. Proceso de constitución de cooperativas ou sociedades laborais

MÓDULO 3. Financiamento e liñas de axuda para a creación de entidades de economía social

MÓDULO 4. Oportunidades de emprendemento

As inscricións estarán abertas ata o 19 de novembro de 2025 e faranse seguindo estos pasos:

  1. Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
  2. Automatricularse no curso dentro de dita plataforma

Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

Descarga o programa

Fórmate para crear unha entidade de economía social

Data

Categoria