Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Informe da economía social en Galicia - 2022
Centro de estudios cooperativos (CECOOP) publica o "Informe da economía social en Galicia 2021" (descargar PDF) .O esquema básico, e o mesmo que o que se estableceu para o Libro Branco no ano 2019.
No informe recóllense os datos estatísticos da economía social e se engadiron dous capítulos, un capítulo sobre o sector financeiro cooperativo en Galicia e outro onde se analiza a información de Cooperativas e Laborais de SABI.
O traballo estrutúrase en catorce capítulos:
1. Introdución
2. A economía social en galicia: marco xurídico e novidades lexislativas
3. As sociedades cooperativas galegas
4. As sociedades laborais
5. Empresas de inserción
6. Os centros especiais de emprego
7. As confrarías de pescadores
8. As sociedades agrarias de transformación
9. As comunidades e mancomunidades de montes veciñais en man común
10. As mutuas de seguros e mutualidades de previsión social
11. Aproximación ao impacto socioeconómico das Sociedades Laborais e Cooperativas en Galicia
12. Políticas públicas para o desenvolvemento da economía social e asociacionismo
13. A economía social galega no contexto nacional:entidades máis representativas e panorama de futuro
14. Resumo executivo
