Por admin_eu, 2 Maio, 2025
Programa Coopera Rural: Fortalecendo o Tecido Cooperativo no Rural Galego

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a teleformación "Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas" no marco da Rede Eusumo.

Data: Do 15 de maio ao 2 de xuño

Horas: 25 Horas

Modalidade: en liña

Obxectivos: 

  • Achegar o modelo cooperativo á mocidade para potenciar o emprendemento a través da fórmula do autoemprego cooperativo.
  • Mostrar de xeito práctico e achegado á realidade as condición e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
  • Achegar recursos e medidas de apoio existentes que favorezan o emprendemento colectivo na mocidade.
  • Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
  • Desenvolver habilidades persoais clave no traballo colaborativo.
  • Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.  
  • Elaborar conxuntamente o prototipo do proxecto.
  • Avaliar requisitos e compromisos como grupo promotor, tarefas a desenvolver e calendario de actuación

Contidos

Módulo 1.- Presentación de EspazoCoop e a Rede Eusumo. O emprendemento. A situación actual do emprego.
Módulo 2.- O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego.
Módulo 3.- Organización e financiamento. Apoios para o emprendemento no rural.
Módulo 4.- Experiencia cooperativa. Boas prácticas de cooperativismo, no rural.

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de patane@espazo.coop

 

Descarga o cartel

Programa Coopera Rural: Fortalecendo o Tecido Cooperativo no Rural Galego

Data

Categoria