Por admin_eu, 19 Novembro, 2025
Programa de Intercooperación: encontro intercooperación EspazoCoop

EspazoCoop achega o "Programa de Intercooperación: encontro intercooperación EspazoCoop" dentro do marco da Rede Eusumo. O programa ten como finalidade a promoción de encontros de intercooperación entre cooperativas para o fortalecemento sectorial

  • Datas: 22 de novembro
  • Horario: 09:30h – 14:00 h e 16:00h – 20:00h
  • Modalidade: presencial
  • Lugar: Xeocamping Montañas do Courel – Lugar de San Pedro 108 27310 Ribas de Sil

Obxectivos:

  • Dar a coñecer o Programa de Intercooperación da Unión, así como as distintas liñas de promoción do cooperativismo e a economía social por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración a través da Rede Eusumo. Visualización do 2025 como Ano Internacional das Cooperativas.
  • Concretar fortalezas e boas prácticas en cada unha das cooperativas participantes, enumerar os riscos e necesidades actuais en cada un dos sectores presentes, analizar alianzas e posibilidades de colaboración, compartir inquedanzas, tristezas e queixas.
  • Coñecer que aporta cada proxecto cooperativo ao territorio onde actúa, que necesitamos doutras cooperativas, que ofrecemos nós como cooperativa, que cousas nos preocupan a nivel individual.
  • Compartir co colectivo momentos significativos de cada persoa participante ao longo da súa traxectoria dentro da cooperativas, de cara a atopar conexións, empatías e/ou sinerxias co resto de participantes.

Programa:

  • Dinámica “Mapa vivo de Galicia por proxectos”
  • Conversas por grupos. Dinámica “Café do mundo”.
  • Paseo pola contorna. Dinámica “Rutas con preguntas”.
  • Posta en común. Dinámica “O panel de Sinapses con chocolatada”

Dirixido a persoas socias de cooperativas activas, principalmente aquelas que conforman a sectorial de Cultura-TOPMA, así como doutras entidades da economía social no eido da cultura, o tempo libre, o ocio, o patrimonio e o medioambiente.

Metodoloxía: Empregaremos a idea de “dinámicas sen reloxo”, de cara a xerar un espazo de traballo non formal, que permita o coñecemento mutuo e a reflexión colectiva.

A convivencia contará cun aforo máximo de 25 persoas.

Como inscribirse?

  1. Os asistentes deberán rexistrarse a través do formulario.
  2. Fai a achega de 20 euros destinada aos gastos de manutención.
    • Aventeira S. Coop. Galega: ES61 1491 0001 26 3000111277 (Triodos Bank)
  3. Manda un e-mail coa confirmación a sercooperativaconvivencia@gmail.com

Para máis información visita a web aventeira.com

Programa de Intercooperación: encontro intercooperación EspazoCoop

Data

Categoria