Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Programa Xeneración Dixital Pemes: Cooperativas e Economía Social
Galicia Business School en colaboración coa Xunta, a través da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais organizan o "Programa Xeneración Dixital Pemes: Cooperativas e Economía Social" no marco da Rede Eusumo.
Data: novembro de 2025 a febreiro de 2026
Duración: 146 horas
Modalidade: Semipresencial
Lugar: Santiago de Compostela
Destinado a:
empresarios, responsables e cooperativistas que actúen nas diferentes áreas da compañía (recursos humanos, xestión comercial, márketing, dirección, loxística etc.)/ etc.) e de calquera sector, facendo énfase no impacto da dixitalización na estratexia de negocio en xeral. Así como tamén ás cooperativas e entidades sociais en particular (fundacións, confrarías, agrupacións de traballo social etc.). En definitiva, calquera profesional de responsabilidade en organizacións de entre 1 e 249 traballadores, cun límite de dous traballadores por cada CIF. Tamén son destinatario os autónomos vinculados a empresas de economía social que desenvolvan tarefas de responsabilidade.
Contidos da Formación:
- A empresa na economía dixital
- O contexto dixital
- A transformación dixital na empresa
- Introdución á IA e os seus principais modelos
- Ferramentas de IA: xeración de contido, presentacións, procura de información etc.
- Novos modelos de negocio
- Sostenibilidade e economía circular
- Plan de transformación dixital I
- Transformando a experiencia do cliente
- O cliente na nova era dixital
- Experiencia de cliente e de produto
- Atraendo ao cliente: o proceso de xeración de tráfico
- Captando ao cliente: o proceso de información, decisión ,compra e entrega
- Fidelizando ao cliente: o proceso de postventa
- Contorna legal: propiedade e privacidade
- Aplicacións da IA en deseño gráfico, publicidade e márketing
- Plan de transformación dixital II
- Habilitando tecnoloxicamente a transformación
- Analítica dixital e big data
- Cloud
- ERP e CRM
- Blockchain
- Ciberseguridade
- Automatización e robotización
- Outras ferramentas e tendencias
- Como interactuar eficazmente coa IA: prompt engineering
- Plan de transformación dixital III
- Xestionando o cambio
- Persoas e organización
- Transformación cultural
- Metodoloxías de innovación/agile
- Produtividade persoal e ferramentas colaborativas
- Casos de uso sectoriais
- Aplicacións da IA para a análise de datos e a automatización de procesos
- Casos de uso da IA en: Investigación de mercados, márketing e vendas
- RRHH e xestión do talento
- Finanzas e control
Inscricións: podes anotarte facilmente cubrindo o formulario dispoñible en liña.
Para máis información contacta a través do correo electrónico de generaciondigital@galiciabusinessschool.es ou visita a web www.galiciabusinessschool.es
