Por admin_eu, 15 Outubro, 2026

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, acompañada pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou na clausura da 6ª edición dos Cafés con aroma a economía social, evento organizado polo Foro pola Economía Social Galega (Foroesgal). Alí a secretaria xeral destacou o peso na nosa Comunidade desta fórmula solidaria ligada ao territorio, xeradora de riqueza e emprego.

Por admin_eu, 14 Outubro, 2026

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe na clausura institucional do X Congreso Empresarial Acción e Implicación, onde puxo de relevo o labor da asociación organizadora —Empresarias Galicia— a prol da igualdade de oportunidades no mercado laboral durante os seus 10 anos de traxectoria. Un labor desenvolvido ata comezos deste ano pola actual secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, á que agradeceu a súa implicación e traballo desde que fundou a entidade en 2016.

Por admin_eu, 14 Outubro, 2026

HUB Olympe Emprende abre en Galicia unha nova convocatoria para incorporar proxectos liderados por mulleres á súa aceleradora de economía social. A participación é completamente gratuíta e as inscricións permanecerán abertas ata o 31 de decembro de 2026. As participantes seleccionadas comezarán en xaneiro de 2027 un programa de cinco meses para desenvolver e consolidar as súas iniciativas.

Por admin_eu, 13 Outubro, 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, informou esta mañá de que o Consello deu luz verde aos textos “dos estatutos das mulleres do rural e do sector marítimo-pesqueiro de Galicia”, que entran así na súa última fase de tramitación coa súa remisión ao Consello Consultivo para que emita o informe preceptivo “e estean aprobados a finais de ano”.

Por admin_eu, 8 Outubro, 2026

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe en Sober na Xornada de cooperativismo de consumo e comunidades enerxéticas, organizada por EspazoCoop no marco da Rede Eusumo impulsada pola Xunta para o fomento da economía social. Alí, puxo en valor o auxe do cooperativismo en sectores emerxentes como as enerxías renovables, a economía circular ou a vivenda en cesión de uso.

Por admin_eu, 7 Outubro, 2026

 A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, acompañada pola delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e polo alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, participou esta mañá na Xornada de talento e inclusión laboral da formación dual adaptada. Impulsado pola Asociación de apoio ás persoas con diversidade intelectual (Aceesca), o acto ten lugar debido á próxima clausura dos dous proxectos formativos que veñen desenvolvendo nos últimos tres anos co apoio autonómico.

Por admin_eu, 28 Setembro, 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe o Plan Integral para a mellora da prevención, o benestar laboral e a reincorporación saudable ao traballo en Galicia 2026-2029, unha folla de ruta “pioneira en España”, froito do acordo acadado no marco do Diálogo Social entre o Goberno galego, o sindicato UGT-Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia. “Implicará un investimento de 45 millóns de euros para poñer en marcha case 40 medidas”, resaltou.

Por admin_eu, 28 Setembro, 2026

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá no acto de presentación da segunda edición do programa O noso reto solidario, impulsado pola Fundación Amicos e apoiado pola Xunta. Alí, destacou a iniciativa pola súa aposta a prol do emprendemento, a innovación e a creación de emprego sostible pegado ao territorio, potenciando a fórmula da economía social ao tempo que se contribúe á fixación de poboación.